Deporte e solidariedade volven a ir da man en Ribeira

RIBEIRA> Este sábado celebrarase unha xornada lúdico-deportiva no espazo municipal de usos múltiples, na rúa Galicia, que incluirá exhibicións de zumba, baile ou bodyjump. Ribeira acollerá este próximo sábado, 12 de maio, o primeiro evento deportivo benéfico a favor da Asociación Española contra o Cancro Ribeira. Será a partir das cinco da tarde no espazo municipal de usos múltiples, na rúa Galicia, e nel incluiranse exhibicións de zumba, baile ou bodyjump. Dende a organización desta cita solidaria quixeron agradecer tamén a colaboración de numerosas empresas e negocios de Ribeira, que coas súas aportacións permitirán a realización de varios sorteos de premios entre tódolos asistentes. O recadado coa venda destas rifas e tamén coa venda das entradas irá a parar ós fondos desta asociación. As persoas interesadas en asistir xa poden mercar as entradas na cafetería do Liceo Marítimo, na ludoteca Xardín Ventureiro ou no centro de estética Belisama.