O executivo sonense traballa en varios proxectos de abastecemento de auga

PORTO DO SON> Con estas actuacións o Concello pretende evitar episodios coma os que se viviron o pasado verán a consecuencia da seca. En colaboración con Augas de Galicia, o concello de Porto do Son traballa en varios proxectos de cara a mellorar a actual rede de abastecemento de auga no municipio. Segundo o alcalde, Luís Oujo, estas actuación pretenden evitar que se volvan a producir episodios coma os vividos o pasado verán a consecuencia da seca. O executivo traballa en dous proxectos. O primeiro deles para a zona norte, para abastecer diversos núcleos ata Portosín coa auga do Tambre. O outro para a zona sur do municipio aproveitándose da captación de auga do río Sieira e tamén da traída do Ulla que chega a Ribeira. Aparellado a estes dous proxectos o Concello segue a realizar outras melloras na actual rede de abastecemento, investindo un total de 151 mil euros en diversas actuacións como é o caso de Eiravedra ou o Pozo.