As ANPAS do Barbanza mobilízanse contra as reválidas

BOIRO> Aínda que menos numerosa que en anos anteriores, a praza da Boqueira de Anegral en Boiro volveu acoller unha concentración en contra das reválidas. Representantes de Anpas de Pobra, Boiro e Rianxo saíron á rúa para esixir unha vez máis a derogación da LOMCE a e retirada desta probas que, lonxe de aportar valor académico, xeran entre o alumnado unha gran preocupación. Alumnado de cuarto da ESO pero tamén de sexto e terceiro de primaria. Falamos neste último caso de nenos de oito e nove anos que deben afrontar dúas xornadas completas de exames. A mobilización non é a única medida de protesta xa que moitos pais optaron por non enviar ós nenos a clase os días de realización dos exames para expresar así o seu desacordo con este sistema de avaliación. Critican a actitude da Xunta, pechada ó diálogo, o que consideran unha manobra para lograr o desgaste da comunidade educativa.