Renovación dos concelleiros do BNG da Pobra

A POBRA> O BNG da pobra ven de anunciar hoxe a renuncia dos seus dos concelleiros e o anuncio de quen os substituirá nos cargos. Trátase dunha renovación que se aprobou nunha asemblea celebrada este verán.

O inicio do curso político comeza revolto no BNG da Pobra. Hoxe anunciaron en rolda de prensa a renovación das caras visibles do partido e a renuncia dos seus dous concelleiros, Ramiro Oubiña e Cristina Andrade. Segundo explicaron, esta renovación acordouse nunha asemblea celebrada este verán tralos resultados nas pasadas eleccións do 26 de maio.

Uns aplausos que viñeron seguidos dos discursos dos novos concelleiros, Amparo Cerecedo e Xavier Santos. Cerecedo xa é unha habitual nas listas do BNG pobrense, aínda que nas pasadas eleccións de maio figuraba como número 12. Agora será a nova portavoz do BNG na Pobra.

Mestre de profesión e nado na parroquia de Santa Cruz, estréase como concelleiro polo BNG Xavier Santos. Figuraba como suplente na candidatura da formación ás eleccións municipais. Sen experiencia política, a súa incorporación supón un cambio destacable.

Unha renovación ca que o BNG pretende dar aire fresco ó partido. E xa está, aseguran, a traballar arreo.

A incorporación de Amparo Cerecedo e Xavier Santos non será efectiva esta mesma semana, polo que os ata agora concelleiros polo BNG na Pobra deberán asistir ós vindeiros plenos. Maña mesmo haberá un pleno extraordinario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí