Boas expectativas de cara á apertura dos bancos de libre marisqueo en Rianxo

RIANXO> Boas expectativas no pósito rianxeiro de cara a apertura o vindeiro luns dos bancos de libre marisqueo. Segundo o patrón maior, Miguel Ángel Iglesias, as mostraxes realizadas evidencian unha moderada recuperación nos Lombos do Ulla.

O patrón maior rianxeiro espera a que as boas expectativas suscitadas a raíz das mostraxes se cumpran e que haxa unha cantidade aceptable de berberecho e xapónica. Un raio de pequena esperanza despois das pésimas campañas dos últimos anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí