Rianxo achégase á divulgación científica da man de ‘RianxoCiencia’

RIANXO> O concello de Rianxo presenta o programa RianxoCiencia. A través del ofertaranse unha serie de propostas que teñen coma principal finalidade a promoción e divulgación da cultura científica. As actividades arrancarán xa este sábado nos baixos da biblioteca municipal cun obradoiro de robótica dirixido ós máis pequenos.

Durante este mes de novembro,  no que se celebra o mes da ciencia, Rianxo desenvolverá o programa RianxoCiencia.A proposta, que ten coma finalidade  a promoción e divulgación da cultura científica, vai dirixida especialmente ós máis pequenos da casa, aínda que haberá tamén actividades para tódolos públicos.

As actividades incluídas no programa arrancarán xa este próximo sábado cun obradoiro de robótica.

Tamén se incluirán dúas charlas. Unha o día 16 e outra o 23, ás sete da tarde. A primeira a cargo de Manuel Rey, redactor do portal Gciencia, e a segunda, será impartida por José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico da USC. Eses dous días, en xornada de mañá desenvolverase tamén o Discurshow.

Coma complemento ás actividades, tamén se inclúe unha exposición cedida polo Observatorio Astronómico da USC para conmemorar o cincuenta aniversario da chegada do home á lúa e que poderá visitarse no primeiro andar do auditorio municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí