Masterclass gratuíta de Zumba na alameda noiesa

NOIA> A alameda noiesa acollerá este domingo 1 de setembro unha master class de zumba. A actividade, organizada polo Concello en colaboración con Zumba Noia, estará aberta a toda a veciñanza. Será ás oito e media da tarde.

O Concello e Zumba Noia son os promotores desta master class de zumba: terá lugar este domingo 1 de setembro, a partir das oito e media da tarde, na alameda. A sesión terá unha duración aproximada dunha hora e media.

Dende o Concello fan unha chamada a participar nesta actividade deportiva e saudable

A actividade será gratuíta e non será preciso inscribirse. O único requisito acudir ese día con roupa e calzado cómodos para a practica desta modalidade deportiva.