O concello de Noia promove a reciclaxe de residuos orgánicos na praza de abastos

NOIA> O executivo noiés promove a reciclaxe de residuos orgánicos coa entrega duns vinte e cinco contedores marróns ós usuarios da Praza de Abastos. Esta mañá os concelleiros de Medio Ambiente, Martín Fernández Godón, e Comercio, Mariola López, foron os encargados de repartir estes novos recipientes entre os praceiros do mercado. A iniciativa permitirá poder recoller todo tipo de restos orgánicos que se produzan na praza de abastos, como é o caso de froita, verdura, carne ou peixe. A proposta está incluída nun programa máis amplo promovido pola Mancomunidade Serra do Barbanza,  a través da obtención de dúas subvencións do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Un programa que en decembro pasado xa posibilitou a realización dunha charla sobre compostaxe doméstica e a entrega de preto de medio cento de composteiros a outras tantas familias do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí