Louzán anuncia reformas nas estradas provinciais

    CALDAS> O Presidente da Deputación, Rafael Louzán anunciou hoxe que o vindeiro mes o goberno que preside emprenderá un plan integral de reparación de estradas e limpeza de beiravías da súa titularidade. Fixo estas declaracións no transcurso dunha visita ós Concellos de Caldas e Valga.

    O Presidente da Deputación, Rafael Louzán, visitou esta mañá a Residencia das Hermanitas dos Anciáns Desamparados en Caldas de Reis para achegarlles unha axuda económica. Unha achega ca que o ente provincial quere axudar a estas relixiosas no coidado dos maiores da contorna. Amais desta aportación, Louzán comprometeuse ca Madre Superiora Josefa Guillín a resolver o problema de depuración deste edificio.

    A visita do Presidente continuou no Concello de Valga onde anunciou que o goberno provincial acometerá o mes que ven un plan integral de reparación de estradas e limpeza de beiravías da súa titularidade; que implicará a nova sinalización e aplicación de medidas de seguridade, fixación de límites de tráfico, homoxeinización dos lombos e a altura da estrada, entre outras.

    O percorrido de Louzán prolongouse por varios enclaves de Valga, onde estudiou a viabilidade de varias reparacións no aparcadoiro da Pista de Karting, a Estrada Provincial de Forno/Senín e a que une a Igrexa de San Miguel de Valga ca N-550; o centro discapacitados e o aparcadoiro do Auditorio da Candieira; amais do edificio de usos Administrativos e o Museo histórico local e a casa da Bella Otero.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/15/louzan_caldas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/15/louzan_caldas.mp4{/flowplayer}