Os pais manteñen a súa oposición á ‘reválida’ de terceiro de primaria

    VILAGARCÍA> Primeira xornada da avaliación individualizada dos nenos de 3º de primaria que recolle a LOMCE. A polémica proba continuará celebrándose mañá nos centros de toda Galicia, coa intención de avaliar a competencia lingüística e matemática alumnos de oito anos. En Arousa, moitos padres optaron por non enviar aos seus fillos a clase para evitar a proba.

     

    Superada a primeira xornada da xa coñecida como reválida de terceiro. A proba, recollida na LOMCE, chega aos colexios rodeada de polémica.

    Durante a proba, os nenos tiveron que realizar dous cadernos de competencia lingüística e outros tantos de matemáticas. O de lingua foi o primeiro, cunha duración máxima dunha hora. Despois dun descanso de trinta minutos, foi a quenda dos exames de matemáticas, que se completaron en menos de 50 minutos. Mañá repetirase o mesmo esquema.

    Esta explicación da Inspección de Educación non convence ás ANPAS, e insisten en que a proba xera un estrés innecesario nos pequenos.

    Aínda que valoraron convocar aos pais para que non levaran aos seus fillos a clase e evitar así a proba, dende a Coordinadora de ANPAS de Vilagarcía optaron finalmente por non facelo. Si que informaron aos pais, e denuncian a falta de información sobre as consecuencias desta proba.

    En Vilagarcía, a xornada transcorreu con normalidade. Si que houbo pais que optaron por non presentar os seus fillos a esta reválida, aínda que se trata dunha cifra que variou en función de cada centro.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/27/revalida_terceiro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/27/revalida_terceiro.mp4{/flowplayer}