O casco urbano de Vilagarcía será Zona 30

    VILAGARCÍA> Vilagarcía restrinxirá a velocidade a 30km/h en todo o casco urbano da cidade. Unha medida, ca que, segundo afirma Alberto Varela conseguirase menos atropelos e non se entorpecerá o tráfico. 

     

    A denominada Zona 30 xa non é unha novidade, senón que poderíamos dicir, que é unha realidade.

    Conseguir unha cidade máis cómoda e segura, son as dúas principais motivacións que levaron ao executivo de Varela a adoptar esta medida, baseándose ademais nun informe da Xunta, con respecto aos accesos e travesías da capital de arousana. 

    Vilagarcía  constitúe un nó, no que cada día conflúen ao redor de 40.000 vehículos.

    A pesar de que nalgúns puntos a velocidade xa está restrinxida a 30km/h, ahora ca nova norma será extensible a todo o casco urbano. Na rúa opinións para tódolos gustos…

    Xestionar o fluxo do tráfico, evitando o colapso en horas punta, e promocionar alternativas como as bicicletas e o bus urbano, forman parte do mesmo proxecto. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/20/vilagarcia_zona_30_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/20/vilagarcia_zona_30.mp4{/flowplayer}