O concello Vilagarcía solicita a Fomento a aplicación da zona 30 na rúa Juan Carlos I

    VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía solicita que se implante a xa coñecida como “zona 30” na céntrica rúa Juan Carlos I, para deste xeito reducir a velocidade dos vehículos que por ela circulan cada día, e garantir a seguridade dos viandantes, que en puntos sinalizados, deben atravesala. 

     

    Reducir a sinistralidade nas estradas de Vilagarcía, esa é a máxima que persigue o actual goberno da vila. Por iso dende o consistorio solicitaron ao Ministerio de Fomento  a aplicación da “zona 30”, na rúa Juan Carlos I. Así no lo explicaba o edil de Seguridade Cidadá de Vilagarcía. 

    Esta opción chega despois de que Fomento desbotara a posibilidade de construír un paso de elevación de peatóns situado no cruce que vai a Marxión, debido ao denso tráfico de vehículos rodados que hai nesa zona. 

    O problema para a implantación do límite de velocidade nesta céntrica rúa, é que a mesma comunica coa N-640 que é de titularidade estatal e calquera cambio debe ser aprobado por Fomento. A pesar diso na rúa, unanimidade de opinións.

     Aínda que tamén hai que cree que esa velocidade é demasiado lenta. 

    Esta non é a única vía na que o concello de Vilagarcía plantexa a instauración da “zona 30”. Dende Ravella plantexan a súa implantación en O Piñeiriño e en O Campanario, en Bamio. Concretamente nas proximidades das praias con bandeira azul. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/08/zona_30_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/08/zona_30_vilagarcia.mp4{/flowplayer}