A Deputación de Pontevedra leva 14 novos composteiros a Barro co Plan Revitaliza

BARRO> O plan revitaliza da Deputación de Pontevedra entrega 14 composteiros no concello de Barro. Con esta aportación a vila conta xa con 84 recipientes. O obxectivo da administración provincial é alcanzar a reciclaxe do 50% dos residuos.

A Deputación de Pontevedra continúa coa súa aposta para fomentar a reciclaxe a través do plan revitaliza. Mediante este proxecto a administración provincial entregou xa aos concellos máis de 5 mil composteiros. No día de hoxe foi o concello de Barro o que recibiu 14 novos recipientes.

Con estes composteiros, o concello de Barro conta xa con 84.

Dende a deputación destacan a importancia deste plan para poder cumprir coa normativa da UE e que os concellos reciclen o 50% dos residuos.

Os composteiros foron entregados aos 14 primeiros que se anotaron, pero a demanda no concello de Barro é moito máis ampla. Os agraciados recibiron unha explicación para coñecer o funcionamento deste recipientes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí