RIbadumia ponlle fin ás verteduras no Polígono do Salnés

RIBADUMIA>  Rematan as obras da rede de saneamento do Polígono do Salnés, en Ribadumia. A actuación permite corrixir varias deficiencias no sistema de canalizacións. Segundo indican dende o Concello, con este arranxo ponse fin ós problemas por verteduras que se viñan detectando na zona dende hai tempo.

A actuación levada a cabo polo goberno local no polígono do Salnés supón pór fin ós problemas que se viñan detectando dende hai tempo na rede de saneamento da zona. Segundo explican dende o goberno local, o problema radicaba nun cruzamento de tubaxes no propio polígono, o que estaba a ocasionar verteduras de refugallos.

Segundo apunta o rexedor, o Concello ten a obriga de dar exemplo ás empresas e á cidadanía da necesidade de respecta-la contorna.

As verteduras ó río Umia véñense detectando dende hai anos. Segundo o executivo local, con estes traballos que acaban de rematar, ponse solución a un vello problema que o anterior equipo de goberno non soubo resolver. Os traballos leváronse a cabo por empregados municipais e tivo un custo duns 3.000 euros.