Os alumnos e alumnas de Cambados acuden ó III cumio de alcaldesas

CAMBADOS> Cambados acolleu o terceiro cumio de alcaldesas. Máis de cen nenos e nenas preguntaron por todas as súas inquietudes sobre igualdade. Ó interrogatorio tiveron que facer fronte diferentes rexidoras entre as que se atopaban a de Cambados e a de Muros.

“Criticáronvos por ser mulleres alcaldesas?””¿Tivéchedes algún obstáculo para ser o que sodes agora?” A preguntas como estas tiveron que responder as seis rexedoras que acudiron a terceira edición do cumio de alcaldesas. Os máis de cen alumnos e alumnas preguntaron por todas as súas inquietudes sobre os problemas da igualdade entre homes e mulleres. Fátima Abal considerou o cumio como un éxito.

Ademais da alcaldesa de Cambados ó acto tamén asistiron as súas homólogas de Muros, Sarria, Mugardos, Moraña e Betanzos. As rexedoras coinciden en que se van dando pasos para concienciar a poboación pero que aínda queda moito traballo.

Os máis cativos mostráronse contentos co acto e demostraron todo o aprendido.