O Boiro, campión autonómico da Copa Federación

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/24/finalcopafederacionboirocoruxo2410141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/24/finalcopafederacionboirocoruxo241014.mp4{/flowplayer} NOIA> Os boirenses vencen na final ó Coruxo, por tres goles a un, con tantos de Kevin Levis, Adrián Armental e David Añón. Cunha máis que aceptable presenza de afeccionados nas gradas de San Lázaro, o Club Deportivo Boiro derrotou ó Coruxo por tres goles a un, na final autonómica da Copa Federación. A vitoria dos boirenses foi ben merecida, protagonizando, se cadra a sorpresa, debido a superior categoría na que milita o cadro vigués. Os que se achegaron a Noia a ver o partido presenciaron un choque vibrante e cheo de emoción, e sobre todo con goles. As cousas comezaban ben para o conxunto que adestra Juan Carlos Andrés. Apenas levaban transcorridos uns dous minutos de xogo, e Kevin Levis, anotaba o primeiro tanto despois de aproveitar un baullo á saída dun corner. Tres minutos máis tarde, Adrián Armental, aumentaba a conta para os boirenses cun disparo dende dentro da área. A partir de aí, o Coruxo tomou as rendas do encontro, aproveitándose tamén da expulsión do boirense Mario, facéndose xa dono do partido, con varias chegadas á portería rival, pero que non acabaron concretando. Co resultado de dous tantos a cero chegaríase ó descanso. Xa na reanudación, coa entrada de Mateo e Rafa Mella, o equipo vigués collía folgos. Foi neses primeiros minutos da segunda metade cando o conxunto que adestra Rafa Saez conseguria recurtar o marcador, cun gol de Rafa Mella, que ademais permitía albergar certas esperanzas na remontada. Pero non foi así, a expulsión de Cifuentes por unha dura entrada a Adrián Armental significou unha baixa no xogo dos do Vao, e o partido converteuse nun ir e vir de oportunidades. E nunha destas, o Boiro pechou o marcador, cun fermoso tanto de David Añón, despois dun disparo dende a frontal. Xa nos minutos finais o colegiado expulsaría a outro xogador do Coruxo, neste caso Mateo, por unha fea entrada a un xogador boirense. Nada máis concluir o partido, os xogadores boirenses xunto con numeroso afeccionados que se achegaron a presenciar o encontro festexaron a consecución deste título de Campión da Copa Federación, o primeiro nas vitrinas do Club Deportivo Boiro, e que lle dá ademais posibilidade ó conxunto de Juan Carlos Andrés a poder disputar a fase nacional deste torneo. A anédota do partido foi un apagón que se produciu no alumeado do campo ó pouco do inicio da segunda metade, polo que o xogo estivo parado ó redor duns vinte minutos.