A ANPA de Asados non levará ós nenos a clase ata contar cun mestre de A.L.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/09/queixas_anpa_colexio_asados_0909151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/09/queixas_anpa_colexio_asados_090915.mp4{/flowplayer} RIANXO> Máis dun cento de alumnos do colexio de Asados, en Rianxo, non iniciarán as clases este xoves, cando está prevista a apertura do curso escolar en toda Galicia. Os pais decidiron non levar ós nenos ó centro ata que a Consellería de Educación atenda a súa demanda de contar cun mestre de audición e linguaxe a tempo completo. Serán os pais e non os nenos os que acudan ó colexio de Asados no acto de apertura do colexio escolar. Farano en sinal de protesta para volver reivindicar a contratación dun mestre de audición e linguaxe a tempo completo. Na actualidade, comparten este servizo con outro centro da zona polo que os nenos non reciben nin un terzo da atención que correspondería. Agardan que esta medida de presión faga recapacitar á Consellería de Educación que, ata o momento, desoíu as demandas da ANPA. Lonxe de incorporar a figura deste profesional a tempo completo, este ano atopáronse coa eliminación do auxiliar de conversa e tampouco contan cun mestre de apoio en infantil. Malia todo, a demanda máis urxente é a referida á especialidade de audición e linguaxe posto que hai nenos, especialmente en infantil, que nin sequera foron valorados por un profesional. Por esta razón, os alumnos non asistirán ás clases con normalidade ata conseguir unha resposta favorable de Educación.