Rianxo recibe un premio polo seu apoio á economía social

RIANXO> O Concello recibirá un premio da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro pola súa aposta de dar emprego e colaborar coas persoas con algún tipo de diversidade funcional. A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, Cegasal, vén de concederlle un premio ó concello de Rianxo pola súa contribución e apoio á inserción laboral das persoas con algún tipo de discapacidade. O alcalde, Adolfo Muíños, agradeceu o galardón que recoñece o seu labor a favor da economía social pero aludiu tamén á enorme responsabilidade que conleva. Ademais de Rianxo, a Cegasal decidiu distinguir tamén nesta primera edición dos premios, á Dirección Xeral de Xuventude e a Supermercados Froiz. Os premios serán entregados nun acto que está previsto celebrar a finais deste mes de xuño en Santiago.