A eurodeputada Lidia Senra expón en Rianxo as últimas medidas en materia pesqueira

RIANXO> O regulamento de medidas técnicas para a pesca, en especial no que se refiro ó xeito, centrou boa parte do debate durante a xuntanza celebrada o pasado venres no Cuartel Vello de Rianxo. Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, debullou algunhas das cuestións recollidas neste regulamento destacando a preocupante ambigüidade da  Comisión Europea á hora de posicionarse con respecto á protección desta arte tradicional de pesca. A europdeputada informou tamén sobre a resolución aprobado polo Parlamento Europeo en materia de Acuicultura. Dixo que se trata dun texto enfocado a favorecer a actividade acuícola industrial en detrimento da pesca artesanal a pequena escala. Ademais de representantes políticos e concelliros de diversos concellos pesqueiros asistiron á xuntanza os responsables de diversas confrarías e asociacións de profesionais do mar.