A confraría de Rianxo alerta dun novo repunte do furtivismo nas súas concesións

RIANXO> O patrón maior , Miguel Ángel Iglesias, pídelle á Administración que aumente os controis e as vixilancias nos bancos marisqueiros.

Rianxo volve a reclamar máis medidas para a loita contra o furtivismo, unha lacra, que nas últimas semanas experimentou un repunte importante, mesmo con episodios violentos, no que resultaron agredidos dous vixilantes do pósito.

Ante esta situación o patrón maior rianxeiro pide que a Administración intensifique os controis e as vixilancias nos seus areais, xa que os medios dos que dispón a Confraría son hoxe en día insuficientes para combater unha lacra que pon en serio risco as economías de moitas familias que viven do marisqueo de xeito legal.