María Victoria Moreno terá especial protagonismo este ano na Memoria das Mulleres de Pontevedra

PONTEVEDRA> O progama da Memoria das Mulleres encara o seu quinto ano de vida centrado na investigación e na divulgación do papel das mulleres na historia da cidade. Neste 2018, terá especial protagonismo a escritora María Victoria Moreno, muller á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

O programa da Memoria das Mulleres fai cinco anos. O proxecto encara o 2018 centrado en tres ámbitos: investigación, divulgación e homenaxes.

Tamén se potenciará a presenza da muller en espazos públicos. No capítulo de homenaxe, este ano vaise centrar en María Vitoria Moreno, na súa faceta como mestra, tradutora, escritora e muller comprometida social e politicamente.

Ó mesmo tempo, estase levando a cabo un estudo sobre as profesionais das artes vinculadas co concello de Pontevedra.