Bota a andar a segunda edición da Semana da Cultura Científica de Caldas

CALDAS> Arranca a semana da cultura científica de Caldas. A segunda edición pretende repeti-lo éxito colleitado no pasado ano. Os actos xiran entorno ó Sabio Caldas e neles participan os alumnos dos colexios da localidade.

Xa está aquí a segunda edición da semana da ciencia de Caldas. A iniciativa pretende repeti-lo éxito do ano pasado, cando se celebrou a primeira edición. A semana científica dedícase ó Sabio Caldas, unha figura clave para a localidade á que queren render homenaxe unha vez máis.

Nesta semana da cultura científica van tomar parte os centros educativos de Caldas. Os alumnos de catro centros van comparti-las súas experiencias científicas co resto de rapaces do concello. Para os mestres a cita é unha oportunidade única para divulga-los coñecementos científicos na sociedade.

A semana da ciencia compleméntase, ademais, cunha exposición sobre o cambio climático que xa se pode visitar no Auditorio Municipal. Os actos rematarán o vindeiro 29 de abril cun espectáculo do Mago Teto no que se combina ciencia e maxia.