Meis fai pública as declaracións de bens dos seus concelleiros por vez primeira

MEIS> O Concello de Meis publica as declaracións de bens de tódolos concelleiros da corporación. Os datos están xa dispoñibles na web municipal. Para a alcaldesa da localidade trátase, simplemente, de cumprir coa lei. Di que os veciños teñen dereito a coñecer estes datos.

A alcaldesa de Meis ten unha leira e metade dunha vivenda en Caldas. No banco ten pouco máis de 32.000 euros, unha conta a medias na que hai outros 2.000 e un depósito a prazo fixo cuns 5.000 euros. Ten tamén un préstamo que rolda os 20.000 euros.

Os datos da rexedora, como dos outros 10 concelleiros meisinos pódense consultar xa na web municipal. O novo executivo fai públicas por primeira vez as declaracións de bens, algo que é obrigatorio por lei dende 2013.

O anterior goberno popular recollía estes datos en cada mandato pero non se publicaban. Deste xeito, o executivo coñecía os bens declarados polos membros da oposición, pero non á inversa.

A rexedora cre que o lóxico é que os veciños teñan acceso a estes datos.

A alcaldesa avanza novas medidas para o fomento da transparencia. A súa idea é poder retransmiti-los plenos municipais en directo a través da web.

Os plenos en Meis, por certo, mudaron de data. Agora celébranse os venres ó serán, nun intento para que sexan máis os veciños os que acudan a eles como público.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí