Alumnos do Carlos Oroza elaboran 42 pratos só con produtos de denominación de orixe

PONTEVEDRA> Os produtos con selo de calidade mandan na cociña do Carlos Oroza. O centro celebrou hoxe unhas xornadas dedicadas ás Denominacións de Orixe e ás indicacións xeográficas protexidas: queixos, carnes, peixes ou mesmo licores son algúns dos recursos cos que contaron esta mañá os alumnos para elabora-las súas receitas. En total, 42 propostas que despois expuxeron nun buffet.

É case a unha e media do mediodía e a cociña do Carlos Oroza está a pleno rendemento. Hoxe, os alumnos enfróntase a unha xornada na que, por riba de todo, manda a calidade. Teñen que elaborar pratos con produtos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida.

As xornadas chegan este ano á súa oitava edición. Desta volta,  os alumnos tiveron que elaborar 42 pratos en base ós produtos de calidade que eles mesmos conseguiron. No centro salientan que, ante todo, o segredo está en saber traballar en equipo

Entre os produtos atopamos queixos, carnes, peixe e tamén licores e augardentes.

Dende o Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradiconais de Galicia celebran esta orixinal aposta polos produtos de calidade do país.

O resultado desta intensa mañá de traballo ofreceuse nun buffet, ó que asistiron varios representantes dalgúns dos principais consellos reguladores e responsables de marcas galegas de calidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí