VILAGARCÍA > Xa foi enterrada a muller que o pasado luns falecía ó precipitarse ó río do Con a través dunha varanda rota esta fin de semana por uns vándalos que aínda non foron identificados. A súa morte foi consecuencia dos traumatismos sufridos pola caída, segundo desvelou a autopsia.
Aínda que ninguén acusa ós rapaces desta triste desgracia son moitos os veciños que cren que se podería ter evitado. Así o consideran tamén os concelleiros de IVIL, Rivera Mallo, e do PP, Tomás Fole, que solicitaron que se unan esforzos para evitar queaconteza algo semellante. Esquerda Unida, Juan Fajardo, e mailo BNG, Castro Ratón, foron máis aló e reponsablizaron ó concello por unha actuación neglixente e non preventiva.
O alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, defendeuse das críticas solicitando prudencia á oposición nas súas declaracións xa que non considerou que a morte da muller fora culpa do concello.
Redacción Salnés