Attis, 25 anos dunha adega cos pés en Meaño e presente xa en 25...

A adega ATTIS conmemora o seu 25 aniversario. Este martes, organizou en Meaño un acto conmemorativo para repasar este primeiro cuarto de século de traxectoria. Neste tempo, esta adega familiar foi expandindo o seu proxecto, elaborando viños brancos e tintos cun total de 20 marcas. Ademais, está presente a día de hoxe en 25 países.

Martín Códax investirá 18,6 millós de euros na ampliación das súas instalacións de Cambados

A Xunta declara Proxecto de Interese Autonómico a ampliación das instalacións de Adegas Martín Códax. A cooperativa ten prevista unha actuación que abarca máis de 47.000 metros cadrados, cun investimento de máis de 18 millóns de euros. O proxecto busca adaptar as distintas áreas ao incremento da súa capacidade produtiva. Tamén se habilitarán novos espazos para a área de enoturismo.

Mariscos Gilmar amplía as súas instalacións en Vilanova logo de investir 1,2 millóns de...

Posta de longo das novas instalacións de Mariscos Gilmar, en Vilanova. A compañía investiu 1,2 millóns de euros na ampliación da súa planta no polígono de Tremoedo. Con 40 anos de traxectoria especializada na transformación e produción de polbo, Gilmar abre agora unha nova etapa, coa incorporación de nova tecnoloxía, a mellora dos procesos produtivos e o avance cara a novos mercados.

A Mancomunidade do Salnés despide o seu Programa Integrado de Emprego con 83 insercións...

A Mancomunidade do Salnés clausura a décimo cuarta edición do seu Programa Integrado de Emprego superando todas as expectativas de inserción laboral. Actualmente, 83 dos 100 candidatos xa están traballando. Cando no arranque do programa o obxectivo era de 45. Unhas cifras que acreditan o bo funcionamento desta iniciativa, que articulou a realización de 30 cursos, 9 obradoiros de emprego e máis de 600 orientacións laborais.

Alberto Varela presenta a denuncia contra o home que o agrediu ao berro de...

O alcalde de Vilagarcía formalizou este luns a denuncia contra o home que o agrediu esta fin de semana nun local hostaleiro da cidade. O varón atacou a Alberto Varela propinándolle dous golpes nas costas e agarrandoo polo pescozo ao berro de ‘rojos de mierda’ e ‘iros de putas con Ábalos’. O socialista asegura que reflexionou sobre presentar ou non a denuncia. Asegura que o fai como xeito de chamar a atención sobre a gravidade que ten normalizar o insulto por razóns ideolóxicas e a escalada violenta que se está a producir como consecuencia.

Clesa amosa a súa preocupación polo incremento de custos, en especial dos carburantes

Preocupación nas industrias gandeiras en Galicia polo incremento de custos, en especial, dos carburantes. Nunha visita ás instalacións de Clesa en Caldas, o presidente da Agrupación de Cooperativas Lácteas trasladoulle esta inquedanza á Conselleira do Medio Rural. María José Gómez aproveitou para lanzar unha mensaxe ás industrias, para que ese incremento dos cursos repercuta tamén nos produtores. Pide un esforzo ás industrias e tamén aos consumidores, para que aposten polos produtos do país.

Visita sorpresa de Pedro Sánchez á Festa do Marisco do Grove

Pedro Sánchez arroupa a Festa do Marisco do Grove na súa xornada inaugural. Horas antes de participar no Foro da Toxa, o presidente do goberno visitou a carpa gastronómica no arranque desta 63 edición entre apupos e aplausos. Estivo acompañado de distintas autoridades, entre elas, o alcalde do Grove e outros rexedores da zona, así como o secretario xeral dos socialistas galegos. Calcúlase que unhas 100.000 persoas pasarán por este evento ata o vindeiro 12 de outubro.

O GDR Salnés Ulla Umia aproba máis de 650 mil euros en axudas para...

O GDR Salnés Ulla Umia aproba máis de 650 mil euros en axudas para proxectos privados. Son fondos da convocatoria 2026-2028 que benefician iniciativas de diferentes eidos, tanto produtivas como non produtivas. Unha nova aposta do GDR por dinamizar e crear oportunidades no rural.

Xunta e concello de Vilanova financiarán a partes iguais a reforma integral do centro...

Xunta de Galicia e concello de Vilanova colaborarán para levar adiante a reforma integral do centro de saúde do municipio. Esta mañá selaron este acordo coa sinatura dun convenio polo cal cada administración asumirá a metade do investimento necesario. O custo da obra está orzamento en 304.000 euros.

A área sanitaria responsabiliza á folga de médicos e ao absentismo nas citas do...

Empeoran as listas de espera na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. A 30 de xuño, o tempo medio de agarda por unha cirurxía era de 90,7 días, un mes máis que no balance anterior. No caso das consultas con especialistas, a espera media está en 70 días. Dende a xerencia apuntan que son cifras que recordan aos niveis postpandemia e responsabilizan á folga de médicos contra o estatuto marco e ao absentismo nas citas.

REDES SOCIAIS

40,689FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete