Canal Rías Baixas

A Escola de Gaitas da provincia de Pontevedra abre as suas portas en Vilanova

VILANOVA >Hoxe abre as portas a escola de gaitas e percusión da provincia de Pontevedra na Comarca do Salnés. A Casa de Cultura de Corón en Vilanova de Arousa foi o lugar elixido para desenvolver as clases que terán a mesma duración que o curso escolar. Ata o momento hai cincuenta alumnos matriculados pero o prazo de inscrición continua aberto.

A partir das seis e media desta tarde a Escola de Gaitas e Percusión da provincia de Pontevedra é toda unha realidade na comarca do Salnés. A casa de cultura de Corón foi o lugar elixido pola dirección pola súa boa comunicación, o bo estado das instalacións e a compenetración das clases coas demais actividades do centro. Actualmente hai xa matriculados cincuenta alumnos de todas as idades.

Os alumnos poderán iniciarse no aprendizaxe dos instrumentos tradicionais galegos como a gaita, o tambor ou a pandeireta. As clases terán lugar os martes e xoves e contarán con tres profesores. Aínda que hoxe comeza as clases oficialmente, a matrícula sigue aberta. O director da escola, Hipólito Cabezas lembra que tanto a inscrición como as clases son totalmente gratuítas xa que están subvencionadas pola Deputación provincial..

O alcalde Vilanovés está moi agradecido por elixir este concello como sede desta escola xa que non hai precedentes na vila de cursos destas características.

Redacción Salnés

Exit mobile version