VILAGARCÍA > Segue a vaga de roubos en Arousa. Tralos últimos sucesos nos polígonos de Tremoedo e Meaño, a tocoulle a Vilagarcía. Foi na empresa Coinba, situada en Vilaxoán. Os ladróns entraron polo tellado pero non conseguiron facerse con botín algún debido ó sistema de alarma e a rápida actuación da policía.
Neste último intento que tivo lugar na noite do mércores os ladróns romperon a alarma, pero non evitaron que a chamada de alerta chegase á policía, que actuou rapidamente. Por este motivo tiveron que fuxir sen logra-lo seu botín. Os empresarios sospeitan que buscaban metálico, porque incluso deixaron un ordenador portátil que había na oficina na que entraron.
Fixérono a través dun butrón no teito, o que leva á policía a pensar que se trata dunha banda organizada, probablemente do este de Europa. Os propietarios, que puxeron a denuncia ó día seguinte, calculan que os danos ocasionados ascenderán a dez mil euros.
Redacción Salnés