Canal Rías Baixas

Concello e Policía Local ultiman os detalles do convenio colectivo

BOIRO > O convenio colectivo da Policía Local de Boiro está máis preto de ser unha realidade trala reunión mantida hai uns día cos representantes do executivo. O concelleiro delegado da Policía, Xoán León, anunciou que o regulamento xa está estudado e  actualmente se están ultimando algúns detalles polo que podería estar aprobado nun prazo aproximado de 15 días.

Tras varios meses de negociacións, os membros da Policía Local de Boiro e os representantes do goberno municipal chegaron a un acordo para establecer o regulamento interno deste corpo. Hai uns días, o concelleiro delegado da Policía Local, Xoán León, mantivo unha xuntanza cos representantes sindicais para tratar certos puntos deste convenio.

Xoán León confía en que as cuestións resoltas nesta xuntanza confiran carácter definitivo ó convenio, co que poderá ser aprobado nun prazo aproximado de quince días para regular as condicións laborais deste corpo municipal.

Redacción Barbanza

 

Exit mobile version