O alcalde da Pobra aclara os motivos que lle levaron a encabezar a lista...
Segue a polémica na Pobra tralo anuncio de José Carlos Vidal de concorrer ás próximas eleccións municipais como cabeza de lista do PSOE. O alcalde quixo saír ó paso das declaracións realizadas por Nós Pobra aclarando que non abandonou a militancia do partido polo que o que foi elixido para ostentar a alcaldía. Tamén respondeu á solicitude de renuncia que lle formularon asegurando que a súa acta está a disposición do partido sempre que consigan chegar a acordo coas outras forzas da coalición para evitar a entrada do PP.
Bustelo defende o acordo entre Rianxo en Común e o PSdeG
Trala sorpresa inicial, en Rianxo, xa asimilan o anuncio entre Rianxo en Común e o Partido Socialista para concorrer xuntos ós vindeiros comicios municipais.
A Pobra celebra este outubro as XXVIII Xornadas Valle-Inclán
O concello da Pobra celebrará este mes a vixésimo oitava edición das xornadas Valle-Inclán. A programación, que conmemora este ano o centenario de Tirano Banderas, inclúe exposicións, presentacións literarias, representacións teatrais e roteiros divulgativos.
As obras da casa da cultura de Boiro estarán rematadas a finais de ano
As obras de ampliación da casa da cultura de Boiro poderían estar rematadas a finais de ano. Así llo comunicaron os responsables da obra ó alcalde nunha visita realizada esta mañá á Cachada para comprobar o avance dos traballos.
Nós Pobra esixe a José Carlos Vidal que entregue a acta de concelleiro e...
A designación dos novos candidatos abre un novo escenario político que xa xerou as primeiras reaccións do resto de actores implicados. Nós Pobra esíxelle a José Carlos Vidal a entrega inmediata da acta de concelleiro e a renuncia á alcaldía.
Goberno e oposición fan balance un ano despois da moción de censura en Ribeira
Un ano despois da súa toma de posesión trala moción de censura, a alcaldesa de Ribeira fixo balance da súa xestión. Acompañada do voceiro dos seus socio de goberno repasaron algúns dos proxectos que conseguiron sacar adiante ó longo destes meses así como as políticas desenvolvidas para mellorar a calidade de vida dos ribeirenses.
Arrinca a campaña marisqueira de Noia despois de case un ano de paro da...
Esta mañá arrincaba a campaña marisqueira en Noia. Despois de case un ano de paro da actividade debido á mortaldade de marisco polos temporais, os mariscadores traballaron hoxe con normalidade. Neste primeiro día, as sensacións son case sempre positivas, á espera da cotización que alcance o marisco na subhasta.
O Trail de Lousame incorpora este ano unha proba de maratón
O Trail de Lousame terá lugar o 29 de decembro. A cita, presentada esta mañá no Concello, vén este ano cargada de importantes novidades. Unha delas é que por primeira vez se vai desenvolver unha proba de maratón trail na que se poñerá en xogo o Campionato Xunta de Galicia na distancia de 45 km.
O Festival Mares da Fin de Mundo recala en Rianxo do 14 ó 18...
A novena edición do Festival Mares da Fin do Mundo recalará en Rianxo entre o 14 e o 18 de outubro. No auditorio municipal proxectaranse medio cento de documentais sobre as comunidades pesqueiras e desenvolveranse actividades paralelas durante toda a semana.
A delegada da Xunta supervisa en Lousame o CIM móbil que achega este servizo...
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, comprobou esta mañá en Lousame o funcionamento da unidade móbil do Centro de Información á Muller que a Xunta puxo en marcha este ano. A proposta busca reforzar a sensibilización en materia de xénero e igualdade naqueles concellos rurais que non dispoñen deste servizo.


















