Canal Rías Baixas

Alfredo Conde inaugura en Ribeira as Xornadas Literarias

RIBEIRA > O escritor Alfredo Conde foi o encargado de iniciar as Xornadas Literarias de Ribeira, incluídas nas actividades programadas pola concellería de Cultura para este mes de maio e que pretenden achegar ós ribeireses ó mundo das artes e das letras. O acto, ó que acudiu numerosos público, tivo lugar no Auditorio Municipal.

A concellería de Cultura de Ribeira que dirixe Luciano Fernández, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística está a promover estas Xornadas Literarias, co fin de achegar ós escritores ó público.

Na xornada do venres o novelista Alfredo Conde impartiu no auditorio unha conferencia baixo o título ‘O galego dentro e fóra’ na que expuxo a súa experiencia como autor en galego con difusión fora das fronteiras da nosa comunidade.

A esta charla seguiranlle outras os próximos venres de maio, xa que o 19 achegarase a Ribeira Yolanda Castaño e o 26 María Yáñez.

Así pois boa parte da atención do Maio Cultural ribeirés estará centrada na difusión da lectura e da creación literaria, a través tamén da XII convocatoria do Concurso Literario que nas súas modalidades de poesía, prosa e cómic chega a tódolos colexios para dar un aliciente máis ó animo creativo entre os escolares do municipio.

Redacción Barbanza

Exit mobile version