Canal Rías Baixas

A praia de Tanxil contará cunha silla ‘anfibia’ para as persoas discapacitadas

RIANXO >  A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rianxo presentou o novo material do que disporá este verán o colectivo. Trátase dunha silla anfibia para o traslado á auga dende a praia de persoas con algún tipo de discapacidade física e un desfibrilador semiautomático. O novo equipamento, que foi adquirido grazas a unha subvención da Deputación Provincial da Coruña e a fondos do propio concello, estará operativo no areal de Tanxil.

O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, e o concelleiro delegado de Protección Civil, Roberto Carlos Iglesias, foron os encargados de presentar o novo material que vén de ser adquirido pola Agrupación de Voluntarios e que dará servizo na praia de Tanxil.

Trátase fundamentalmente dunha silla anfibia para o traslado á praia de persoas con algún tipo de discapacidade física e un desfibrilador semiautomático.

A compra do novo equipamento, cun custe total de 4.831 euros, foi posible grazas a unha subvención da Deputación da Coruña e a fondos do propio concello.

O material estará a disposición dos ususarios do areal de Tanxil, un dos máis representativos deste municipio, onde ondeará este verán unha vez máis a bandeira azul. O novo equipamento posibilitará ademais a mellora de servizos que se prestan habitualmente nesta praia rianxeira.

Redacción Barbanza
 

Exit mobile version