Canal Rías Baixas

Ribeira encabeza a lista de dotación de material do Plan SAPRAGA no Barbanza

BARBANZA > Un ano máis os catro concellos do Barbanza recibirán, dentro do marco do Plan SAPRAGA, unha importante dotación de medios materiais e técnicos que serán utilizados polo personal de Protección Civil para as funcións de vixilancia e salvamento nas praias da comarca.

A Dirección Xeral de Protección Civil de Galicia ven de adxudicar, a través do Plan SAPRAGA 2006, unha importante cantidade de material ós concellos barbanzás para misións de protección civil nas praias da comarca. Entre o material cedido atópanse prismáticos, remolques, caixas de urxencias, bandeiras, uniformes para socorristas e voluntarios e incluso unha embarcación con remolque a motor.

Para a adxudicación do material entre os diferentes concellos tívose en conta a afluencia de xente así como o número de intervencións e incidencias rexistradas en cada areal no ano 2005. Neste senso o concello de Ribeira foi o que máis medios recibiu, seguido de Boiro e Rianxo.

Este ano a inversión en material destinado ó Plan SAPRAGA incrementouse en preto dun 25% en comparación co ano anterior devido a que se incorporou por primeira vez unha partida específica para material de primeiros auxilios, tal e como comentou o Director Xeral de Protección Civil, Antonio Espinosa.

Ademáis, posto que as praias se usan ademáis de para o baño, para a práctica de deportes, dende a Dirección Xeral insisten en que se van a vixilar todos estes aspectos para evitar que se produzan accidentes que poderían ser evitables.

Por provincias, as maiores dotacións recibiranas as provincias da Coruña e Pontevedra, posto que son as que máis areais teñen no seu litoral.

Redacción Barbanza

Exit mobile version