ILLA DE AROUSA > A Illa de Arousa recibiu a visita da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos. Carmen Gallego reuniuse con responsables da confraría e tamén coa corporación municipal, á que lle prometeu colaborar no remate dun dos grandes proxectos da Illa: a recuperación do entorno da casa consistorial e a recuperación do museo Goday.
Con estas obras, a confraría confía en volver a se-lo sector punteiro de antaño. Pero aproveitando a presenza da conselleira na Illa preguntámoslle polas denuncias da plataforma en defensa da ría de arousa sobre o relojito. A extracción desta especie está pechada dende hai meses ó estar supostamente contaminada por plomo.
A plataforma en defensa da ría de Arousa aseguraba que un estudo das Universidades de Vigo e Santiago reflexara un nivel de contaminación do relojito moi por debaixo do permitido, e preguntábanse por que a consellería mantiña pechadas tódalas concesións. Segundo Carmen Gallego, as afirmacións da plataforma non son de todo certas.
Redacción Salnés