Canal Rías Baixas

O concello de Boiro investirá 400 mil euros máis na peonalización do casco urbán

BOIRO > En pouco máis dun mes o concello de Boiro reanudará o plan de peonalización nas rúas que rodean a casa consistorial. As rúas Robustiano Pérez del Río e Noberto Pizjuán serán os dous viais afectados, nos que se procederá á ampliación das beirarrúas e melloras do entorno aínda que non se restrinxirá o tráfico rodado.

Despois da polémica suscitada pola peonalización das rúas Santos Mieites e Estatuto de Galicia, o goberno boirés decide agora continuar co plan de peonalización. En pouco máis dun mes está previsto que comecen as obras de remodelación dos viais Robustiano Pérez del Río e Noberto Pizjuán, unha actuación que neste caso non suporá o corte do tráfico rodado, xa que se conservará un carril central de sentido único. Segundo Xoán León, ámbalas dúas rúas atópanse bastante deterioradas e urxe unha remodelación a fondo. O encargado de deseñar o trazado das rúas será un arquitecto pontevedrés.

A reforma implicará unha restructuración integral dos viais, que incluirá a reforma das canalizacións de auga e alcantarillado así como a ampliación das beirarrúas. A actuación completarase coa plantación de árbores e a instalación de mobiliario urbano como bancos, papeleiras e  farolas. Como as rúas serán semipeonís, o concello non prevé reordenar o tráfico da zona, e o único cambio poderá afectar á parada de taxis da rúa Robustiano Pérez, que probablemente se traslade ó lado oposto do vial. Con estas obras o concello pretende humanizar máis a zona, eliminar barreiras arquitectónicas coa introducción de pasos a nivel e buscar a comodidade dos cidadáns. Segundo o alcalde boirés, trátase dun proxecto previsto no seu programa electoral e que beneficiará ó concello a pesar das críticas recibidas nun principio.

O orzamento co que conta o concello para sufragar estas obras ascente a 400 mil euros, unha partida que sairá integramente das arcas municipais. Xoán León agarda recibir esta semana o consentimento para sacar as obras a licitación. Segundo os cálculos do edil, en pouco máis dun mes poderían iniciarse as reformas e estar rematadas a comezos do ano que vén.

Redacción Barbanza

Exit mobile version