Canal Rías Baixas

Un veciño de Boiro morre afogado mentres se bañaba en Praia Xardín

BOIRO > Os bañistas do areal boirés de Praia Xardín convertéronse en espectadores dun tráxico suceso. Un home de aproximadamente 65 anos de idade faleceu mentres se atopaba bañándose. Polo momento descoñécense ás causas que lle provocaron a morte aínda que as testemuñas presenciais apuntaban a un posible infarto.

O suceso tivo lugar arredor das cinco da tarde. Os bañistas avistaron o corpo da vítima, Domingos Bretal, flotando na auga boca abaixo. Rapidamente, a socorrista que se atopaba de agarda e varias persoas que se atopaban na praia procederon a sacar da auga ó home que xa se atopaba en estado cianótico e, segundo comentaron as testemuñas, botaba escuma pola boca. Ó momento personáronse no lugar dos feitos unha patrulla de Protección Civil, varios axentes da Garda Civil e unha médico que soamente puido certifica-lo falecemento do home.

Polo momento descoñécense as causas da morte e haberá que agardar á autopsia para coñecer os motivos do afogamento. Sen embargo, todo apunta a que a vítima puido sufrir un infarto mentres nadaba.

Aínda que o home se atopaba solo no momento do suceso, varios familiares acudiron posteriormente á praia, á espera da chegada do xuíz que autorizase o levantamento do cadáver.

Redacción Barbanza

Exit mobile version