BARBANZA > A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte colaborará co Centro de Estudos Xudiciais de Galicia no desenvolvemento de actividades formativas para as policiáis locais do Barbanza. Ámbalas dúas entidades consideran primordial a especialización e a profesionalización dos corpos de seguridade para mellora-la eficacia nos servizos de atención á cidadanía.
En total, está prevista a realización de sete cursos que comezarán a desenvolverse a partir do 25 de setembro e proseguirán ata o próximo ano. A primeira das actividades, cémtrase nas medidas de autoprotección e seguridade, está aberta a tódolos públicos e será sufragada pola Mancomunidade. A financiación dos cursos restantes, dirixidos especificamente ós corpos policiais, correrá a cargo da Deputación da Coruña e o CEXESGA. Os contidos inclúen técnicas de operadores de rádar, manexo do programa informático autocad, técnicas de defensa persoal, nocións sobre o permiso de conducción por puntos e técnicas de coducción de motocicletas policiais.
Dende a Mancomunidade Arousa Norte considérase fundamental a unificación de criterios entre concellos no ámbito da seguridade, tal e como se viu facendo ata o momento en eidos como o turismo ou o emprego.
O presidente da Mancomunidade, Isaac Maceiras, considera fundamental a realización destas iniciativas docentes de cara a conquerir corpos de policía máis operativos, eficaces e próximos ós cidadáns.
Ademais destas actividades formativas a nivel local e comarcal, o CEXESGA está a traballar noutros proxectos de ámbito autonómico como a renovación da antiga lei da policía, a creación dun corpo de policía de Galicia e a constitución da Academia Galega de Seguridade.
Redacción Barbanza