… dunhas bolsas de lixo voadoras. Ó parecer teñen unha persoa no barrio que se dedica a tirar o lixo polo aire cara as rúas Bouza de Abaixo e de Arriba.
As rúas Bouza de Abaixo e de Arriba, en Vilaxoán, levan seis meses padecendo a incívica conducta dun veciño ou veciña que se dedica a tirar as bolsas do lixo pola ventá. Algunhas incluso estiveron a piques de caer enriba dalgún transeúnte e outras chegaron a quedar suspendidas nos cables da luz vertendo os restos de comida polos coches alí estacionados. Outras van parar a un solar baleiro que corre o perigo de converterse nunha esterqueira.
Os veciños xa están fartos e din que isto xa pasa de castaño escuro. Por iso a directiva da asociación se puxo en contacto co Concello e denunciou o caso ante a policía local. A xefa da Polícía Local indicoulles que en canto vexan caer outra bolsa de lixo lles dean aviso para poder recollela e analizala, a ver se así dan dunha vez co culpable.
Redacción Salnés