MEIS > O temporal de chuvia e vento desta pasada fin de semana deixou unha imaxe desoladora no concello de Meis. A parroquia máis afectada foi a de San Tomé. Os desbordamento de tres regatos asolagou fincas, baixos e mesmo cortou estradas. Culpan sobre todo, ás obras da vía rápida, que afectan a dous deses regatos.
A auga levantou o asfalto e finalmente foi necesario abrir un surco na estrada para reconducir a auga ó seu cauce. Veciños e alcalde inspeccionaban a zona o domingo á tarde e
Na avenida de Cambados, foron moitos os comercios e vivendas afectadas. Bombeiros e protección civil afanábanse en achicar a auga que entrou nos baixos. Un dos máis afectados foi un taller de Mosteiro. O seu dono afirma que lle entrou no garaxe auga, barro e cinza. Outro incidente en Meis tivo lugar nunha granxa de polos en Armenteira. Morreron dúas mil aves despois de que a nave se inundara coas fortes chuvias, aínda que os seus donos non descartan que morran máis. O alcalde de Meis emplazou ós veciños a dar conta no Concello dos danos sufridos polas inundacións.
Redacción Salnés