Canal Rías Baixas

Angueira acusa a Sabariz de violar a súa intimidade

PONTECESURES > O alcalde de Pontecesures, Luis Álvarez Angueira, considera intolerante a actitude do, polo momento, candidato á alcaldía por ACP, Luís Ángel…

…Sabariz. No pleno celebrado onte Angueira denunciou un comportamento obsesivo por parte do concelleiro ó que acusou de persecución. Persecución porque ó parecer, o concelleiro de ACP, estivo vixiando a casa do alcalde en Rianxo, merodeando polos arredores e interrogando ós veciños do lugar sen identificarse en ningún momento.

Este proceder, cualificado polos nacionalistas de Cesures como delirante, parece ser que alarmou ós veciños que o puxeron en coñecemento do alcalde cunha descrición do suxeito e mailo seu vehículo que responde exactamente coa de Sabariz. O alcalde denunciou estes feitos no pleno celebrado onte. Sabariz pola súa parte non os negou cando Angueira lle transmitiu o temor e violación da intimidade que estaba a facer del e da súa familia.

O alcalde considerou grave e preocupante os feitos baseándose no que denomina unha obsesión do concelleiro co alcalde. Durante o pleno de onte alcalde transmitiu á corporación que os feitos foron postos en coñecemento da Garda Civil por se os comportamentos persecutorios fosen a maiores.

Redacción Salnés

Exit mobile version