Canal Rías Baixas

A Asociación de Autopatronos do Taxi do Salnés planea crear un ‘Taxitour’

CAMBADOS > A proposta conta co respaldo do padroado de turismo Rías Baixas, que elaborará folletos para oferta-lo servizo nas feiras.

Un dos itinerarios previstos partirá de Caldas para percorrer A Estrada, Santiago e a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. As outras dúas rutas ainda están pendentes de concretar, pero en principio percorrerían ó Salnés. Para iso os profesionais deberán acudir a un curso de turismo na Fundación Comarcal do Salnés sufragado pola Unión Europea no que recibirán nocións de historia e arte.

Tamén poderán participar nun de inglés que organiza a Cámara de Comercio. Ademais, o concello de Cambados colaborará para conseguir un taxi adaptado a minusválidos que tería base en Ribadumia e atendería a toda a comarca. Tamén traballan nun sistema que permita un contacto permanente entre os profesionais para afianza-la seguridade e incluso na posibilidade de converter os taxis en complementarios do servizo de Noitebús. Finalmente os taxistas queren pedir indemnizacións polos prexuízos causados tralo peche da vía rápida.

Redacción Salnés

Exit mobile version