… sen precedentes, mesmo por riba da media española. Foi o eixo principal da conferencia que impartiu onte no auditorio de Vilagarcía Emilio Pérez Touriño dentro do Foro Iniciativa 3.
O presidente da Xunta tamén falou dos efectos sobre o mercado laboral e dixo que no 2006 se xeraron 33.000 novos empregos, e que se incrementou nun 37% os contratos indefinidos. En concreto, en Vilagarcía, dixo que o paro diminuíu un 12%, un 2% máis que no conxunto de Galicia. ‘Esta potente reconfiguración do mercado laboral ten impulsado un certo efecto animación, que se reflicte na incorporación de 21.300 novos activos ó mercado de traballo, situando a taxa de actividade no 53,6%’, indicou o mandatario galego.
Por último, Pérez Touriño falou dos investimentos previstos para Vilagarcía tanto desde o Estado como desde a Xunta. Destacou obras no porto, a nova rede viaria para mellorar a conexión Vilagarcía – Pontevedra – Vigo, obras de abastecemento ou a ampliación do Polígono do Pousadoiro. ‘A entidade socioeconómica que está a acadar esta comarca fai que teñamos que deixar de falar das sete grandes cidades de Galicia, para comezar a referirnos ás oito grandes urbes’, sinalou o presidente da Xunta, en referencia a Vilagarcía.
Redacción Salnés