Canal Rías Baixas

O escritor vilagarcián Bouza-Brey, ingresado tras unha brutal paliza

VILAGARCÍA > Bouza Brey e a súa acompañante, unha muller de Barcelona de 53 anos, sufriron unha brutal paliza esta madrugada na rúa Castor Sánchez.

O agresor era un veciño de Meis de 38 anos e drogodependente que se negou a explica-lo motivo da pelexa e que foi ingresado xa nun psiquiátrico. O home propinoulle ás vítimas fortes patadas na cabeza provocándolles graves feridas.

A policía local que acudiu ante a chamada dun veciño alertou ó 061 que levou a Gonzalo Bouza Brey ó Hospital do Salnés onde segue ingresado con diversas fracturas e podería ser operado nas vindeiras horas. A muller está no hospital Domínguez con pronóstico menos grave anque podería perder un ollo.

Grave

Segue grave o traballador de Servifruit Cereales que onte sufriu un accidente laboral nunha nave da empresa situada no polígono de Tremoedo. José Luis Vázquez Piñeiro permanece ingresado na UCI do Clínico de Santiago.

Redacción Salnés

Exit mobile version