A intención do alcalde ó convocar este pleno era buscar unha forma de pedi-lo reinicio inmediato das obras, pero unha chamada esa mesma mañá da delegada de Política Territorial cambiou as cousas e todo quedou á expectativa do que pasara esta mañá. E o que pasou é que o proxecto seguía contando coas gradas que, segundo o alcalde, xa sacaran hai semanas. Así o aseguraba onte para culpar a Política Territorial de tentar retrasa-lo proxecto.
Finalmente o pleno rematou cos ánimos moi crispados, algún intento de agresión e choros polas acusacións recibidas. Pero o certo é que o proxecto non estaba como decía o goberno local e así o demostraron hoxe os técnicos na delegación de Política Territorial. O alcalde asegurou que se trataba dun erro que subsanaría esta mesma fin de semana e o luns enviaría o documento correxido. Pola súa banda a delegada asegurou que, de ser así, a finais da vindeira semana as obras estarán de novo en marcha.
Contrastes
O Contrastes de hoxe reunía ós candidatos de Vilanova pero o actual alcalde desmarcouse alegando, a través dun comunicado, a situación de crispación que vive a vila. segundo Durán, un grupo de militantes do psoe adicouse a insultar a concelleiros do grupo de goberno e ás súas familias desencadeando un conflito que fixo necesaria a intervención das forzas da orde pública.
E mentres Rodrigo Santiago non pida desculpas públicas, ningún membro da candidatura popular se sentará a debater nada con el, polo que finalmente foron dous os convidados deste Contrastes.
Redacción Salnés