Canal Rías Baixas

Arranca a construcción do Polígono Industria de Barro-Meis

BARRO >   As obras do polígono industrial de Barro Meis xa están en marcha. 23 empresas que ocuparan máis do 65%…

…da superficie de Outeda-Curro. Trátase dunha extensión de máis de 170.000 metros que , segundo os seus impulsores, será un revulsivo para a vida económica das comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas. “O motor empeza a ruxir”.

Así definiu Rafel Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, o comezo da urbanización do polígono de Barro Meis. Un proxecto impulsado desde a Deputación e os concellos de Barro e Meis. Ó acto ó que asistiron tanto políticos como empresarios marca o principio desta nova etapa na comarca. Empresas que van dende o Faro de Vigo ata fariñeiras ou concesionarios darán vida a este parque industrial.

Esta obra ten un prazo de execución de doce meses. Rafael Louzán asegurou que a pesar deste prazo , o polígono podería ser unha realidade bastante antes. O presidente da Deputación apuntou a que esta chan industrial podería entregarse ós empresarios en navidades. A partir de hoxe máis de cen persoas empezarán a traballar na construcción deste polígono que esperase que ingrese máis de 170 millóns de euros.

Redacción Salnés

Exit mobile version