… Os socialistas gobernan en minoría con 5 edís e os populares son, con 4 concelleiros, o principal grupo da oposición. E ambos coincidiron onte en celebrar, case á mesma hora, o seu mitin central. O PP optou polo Hotel Tamanaco, mentres que o PSOE estivo no Cine Capitol.
Louzán amosouse convencido da vitoria do PP na Illa o vindeiro día 27 porque neste comicios presentan ‘un magnífico candidato, cun extraordinario equipo e cun programa pensado para gañar e para gobernar’. Os populares cualificaron de ‘inverosímiles’ as propostas do PSOE xa que ‘en 8 anos non fixeron nada’. Foron especialmente críticos co ‘urbanismo salvaxe’ que hai na Illa e que ‘está a obrigar á mocidade a vivir fóra do seu concello’.
O PP tamén tivo palabras de alento para os veciños con expedientes sancionadores abertos por mor da Lei de Costas.
Redacción Salnés