VILAGARCÍA > O ex concelleiro socialista de Vilagarcía Juan Antonio Dios Quintáns, persoa moi coñecida no concello e especialmente en Carril faleceu en Vilagarcía nun estrano accidente de tráfico. Segundo as primeiras hipóteses, Dios Quintáns morreu cando un coche conducido por un sobriño do patriarca dos Charlíns o embestiu a gran velocidade.
Os axentes fixéronlle sinais para que parara, pero o condutor emprendeu a fuxida a gran velocidade. Minutos despois, mentres a policía trataba de identifica-lo vehículo, recibiu unha chamada na que se informa dun grave accidente na Avda. de Cambados. Cando chegaron alí comprobaron que o vehículo que aparecíacomo causante do accidente era o BMW que buscaban. Dentro ían Diego Silva Charlín, relacionado co clan dos Charlíns e Roberto Chavez Poza que resultaron feridos e foron trasladados ó sanatorio Domínguez e ó Hospital do Salnés respectivamente onde permanecen baixo custodia policial.
Menos sorte tivo o conductor do coche que envestiron: Antonio Dios Quintáns, un activo militante socialista de Carril, de 72 anos e concelleiro na primeira lexislatura morreu no acto. O seu coche quedou totalmente esnaquizado, como se pode ver na foto de portada e tamén un terceiro turismo, que estaba estacionado no arcén e saiu despedido coa forza do impacto. Tralo tráxico sinistro, vivíronse escenas de dor cando chegaron os familiares do falecido e altos cargos del PSOE como o concelleiro vilagarcián Alejandro Quintela.
Redacción Salnés