Canal Rías Baixas

O enterro de Marcos Muñiz coincidiu coa declaración do seu presunto asasino

CAMBADOS > Case ó mesmo tempo que entraba a declarar Juan Ramón González, a súa vítima era soterrada no cemiterio de Oubiña.

Segundo as últimas informacións, a videoconsola só foi o detonante do suceso que o mércores lle custou a vida ó xoven cambadés Marcos Muñiz Calviño. A verdadeira razón do suceso parece ser máis ben unha débeda de 12 mil euros que o de Oubiña tiña co de Corvillón.

Como xa lles adiantamos o mesmo mércores, Juan Ramón González ten problemas coas drogas e antecedentes policiais, ó igual que a vítima, polo que un problema de cartos ou un axuste de contas parece se-la causa máis razoable do homicidio. Incluso nos últimos días algúns coñecidos dos mozos falaban de que o crime estaba máis que anunciado, xa que o propio Juan Ramón asegurara no seu entorno que mataría a Marcos. E así parece que o fixo o mércores cando se presentou na súa casa de Oubiña con dous coitelos. Un deles rematou no peito da vítima que morreu case no intre.

Hoxe era enterrado no cemiterio da súa parroquia en compañía da súa familia, a quen vemos aquí de costas. Xunto coa nai van os irmáns de Marcos Muñiz, entre eles a xoven Genma con que se supón que tiña unha relación o presunto agresor. Tamén o alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, veciño da familia, estivo no enterro xunto con outros moitos veciños que aínda hoxe non crían o sucedido.

E mentres tiña lugar o funeral na parroquia de Oubiña, no Xulgado de Cambados declaraba Juan Ramón González, quen chegaba nun Renault Megane con cristais tintados pouco despois das catro e media procedente do cuartel da garda civil.

Redacción Salnés

Exit mobile version