Canal Rías Baixas

O Grove prepárase para a terceira edición do Con Negro Paraxe Festival

O GROVE > A Asociación Cultural Con Negro organiza un ano máis o Con Negro Paraxe Festival.

Nesta ocasión os protagonistas serán os grupos do Salnés e ademais haberá dúas importantes novidades. A presentación dunha pasarela de moda a cargo do comercio Eva Leiba do Grove que aspira a converterse nun referente da moda para os xóvenes creadores do Salnés. A outra novidade é a presentación do coctel ‘Con Negro’ que será feito polo subcampión de España de coctelería clásica, José Couto o venres 31 de agosto, día de inicio deste festival. Dende ese día e ata o domingo pasarán polo Con Negro varios DJ´s e máis dunha ducia de grupos do Salnés como Los Pablos, Lactantes ou Tenderete. Pero ademais o sábado emitiranse curtametraxes galegos e o domingo haberá obradoiros, a entrega de premios do concurso de camisetas e a pasarela de moda. E para todo isto a organización contará coa axuda do Concello.

Redacción Salnés

Exit mobile version