… Pérez Touriño aproveitou para agradecerlles os esforzos dos comicios municipais e dar folgos para a vindeira cita electoral. Tamén falou dos presupostos do Estado e da polémica sobre o himno galego nas galescolas.
O presidente da Xunta participou onte á noite nunha cea cuns 200 militantes socialistas de Arousa. Deste xeito dá por finalizadas as súas vacacións, despois de 20 días de descanso no Grove. Pérez Touriño estivo acompañado pola súa muller, e contou co respaldo dos conselleiros socialistas, da presidenta do Parlamento galego e de diversos deputados e alcaldes da comarca.
Pérez Touriño tamén interveu na polémica sobre o himno galego nas galescolas. O nacionalista e vicepresidente da Xunta Anxo Quintana advertiu que fará todo o posible para que os nenos menores de 3 anos aprendan os versos de Eduardo Pondal nas galescolas. En Cambados, o presidente da Xunta defendeu o himno como un símbolo que representa ó país e que une ós galegos e pediu responsabilidade para pórlle fin ó que cualificou de ‘falso problema’. Ademais, confirmou que en decembro viaxará a Cuba para conmemorar os cen anos do himno galego na Habana, onde se interpretou por primeira vez en 1907.
Redacción Salnés